Cen anos de revolución
proletaria.
Este 7 de novembro celebramos
con xúbilo o centenario da Gran Revolución Socialista de Outubro.
Os disparos do cruceiro Aurora
foron un raio de esperanza para as masas oprimidas, non so de Rusia, senón
tamén do mundo, cambiando definitivamente a historia, abrindo definitivamente a
nova era da Revolución Proletaria Mundial.
En palabras do Presidente Mao: “As salvas dos canóns da Revolución de Outubro
trouxeran o marxismo-leninismo até a China. Entón a Revolución chinesa gañou
unha nova fisionomía. (...). “Os fusís dos bolcheviques criaran o socialismo na Rusia”.
Lenin e os seus camaradas do
partido Bolchevique realizaron no imperio zarista o soño de Marx e Engels,
instaurando o primeiro Estado da Ditadura do Proletariado, nun país atrasado e
semifeudal, de inmensas dimensións e berce de múltiples pobos. Os bolcheviques
guiados polo grande Lenin e os seus camaradas de armas, coa actuación decisiva
das masas proletarias, campesiñas, mariñeiros revolucionarios e a garda
vermella desaloxaron definitivamente ao goberno provisional burgués de
Kerenski, proclamando a República soviética e nomeando un goberno de Comisarios
do Pobo presidido polo camarada Lenin.
Non foi unha tarefa sinxela
nin pacifica. Foi sanguenta e dolorosa como son as revolucións, como ben
sinalaron o camarada Lenin e o Presidente Mao. A intervención das potencias
imperialistas unidas contra a nova República soviética, en apoio dos gardas
brancos de Denikin e do almirante zarista Kolchak, deu orixe a unha guerra
civil que non será definitivamente gañada ata 1921.
A vitoria do exército
vermello, guiado por heroicos xefes como Frunze, Budionni, ou comisarios como
Chapaeiv ou Furmanov esmagaron ás forzas contra-revolucionarias, co apoio das
masas obreiras e campesiñas, en torno á firme liña trazada por Lenin da alianza
obreiro-campesiña do goberno dos Comisarios do Pobo. Sen ese apoio das masas
nada se houbera conseguido.
A mesma Ditadura do
Proletariado que baixo a xusta dirección do camarada Stalin logrou, grazas á
economía planificada socialista, converter o vasto territorio soviético, nunha
superpotencia capaz de enfrontar a agresión da primeira potencia imperialista
mundial, a Alemaña nazi, en xullo de 1941.
A URSS, berce e sede tamén da
Internacional Comunista (IC) fundada por Lenin que expandiu por todo o mundo o
marxismo-leninismo e impulsou a creación dos partidos comunistas.
A Gran Revolución Socialista
de Outubro, é patrimonio de toda a humanidade oprimida e en particular dos
auténticos comunistas que hoxe enarboran as tres bandeiras vermellas do M-L-M.
e da guerra popular.
Nos hoxe, mulleres e homes de
Galiza, comunistas, traballamos para a construción do Partido Comunista-maoísta
de Galiza seguindo a senda luminosa da Gran Revolución Socialista de Outubro,
estudando e aplicando o mlm ás condicións concretas da nosa sociedade, á vez
que activamente traballamos a fronte internacionalista da solidariedade e apoio
ás guerras populares, vangarda da Revolución Proletaria Mundial, que se
desenvolven na actualidade en diversos países do mundo, Perú, Filipinas,
Turquía e en particular na India, onde o Partido Comunista de la India
(maoísta) e o EGPL libran unha guerra popular prolongada que este ano cumpriu
50 anos dende o seu inicio en Naxalbari.
Estes cen anos da historia da
Revolución Proletaria Mundial están cheos de avances e retrocesos e de
múltiples contradicións que levaron a definir unha nova etapa no pensamento
proletario; o maoísmo, que sinalou a liña xeral
para combater a restauración revisionista, as súas causas e a necesidade de
continuar ata o fin a Revolución baixo as condicións da Ditadura do
Proletariado, con Revolucións Culturais, tomando como chave, como sinalara o
Presidente Mao, a loita de clases e a loita de dúas liñas.
Estas e outras valiosas
ensinanzas foron aplicadas de forma creativa ás condicións de cada país por
inesquecibles camaradas como Charu Mazumdar na India, Ibrahim Karpakaya en
Turquía, o camarada JM Sisón nas Filipinas, o camarada Pol Pot en Kampuchea e
máis recentemente polo Presidente Gonzalo no Perú. Desenvolvendo guerras
populares e armando ás masas para a súa liberación erguendo unha nova onda de
revolucións guiadas polo proletariado revolucionario.
Onda revolucionaria que baixo
as vermellas bandeiras da Comuna de París, a Gran Revolución Socialista de
Outubro, a Revolución de Nova Democracia na China, a Gran Revolución Cultural
Proletaria, a Guerra Popular no Perú e en Naxalbari prosegue en Guerra Popular
ata o comunismo.
¡Viva a Grande Revolución Socialista de
Outubro, luminoso camiño de liberación dos oprimidos do mundo!
Galiza 7 de novembro do 2017
Comité de
Construcion do Partido Comunista-maoísta da Galiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario